2017-2018

MEMORIA AUDIOVISUAL

O río da miña vida (1/12/2017):

Montaxe elaborada polo alumnado do Ciclo de Atención a persoas en situación de dependencia a partir dunha recollida de fotos, sons e historias relacionadas cos ríos das súas localidades de orixe. Esta montaxe foi compartida coas persoas maiores do centro de día de Cruz Vermella (Ourense), servindo de punto inicial para comezar a conversa sobre situacións vividas por ambas as dúas xeracións e sempre co río como elemento central e guía.

[youtube https://www.youtube.com/watch?v=BXNmtKQQBU0&w=560&h=315]

Encontro do alumnado e profesorado do CIFP Portovello, CRA de Meis e CPI Mosteiro Meis (26/10/2017):

O alumnado de 2º curso do Ciclo de Educación Infantil que se desprazou ata Meis dividiuse en pequenos grupos de 3/4 persoas para distribuírense polas diferentes escolas do CRA de Meis, quedando un dos grupos no CPI Mosteiro-Meis c@s nen@s de 1º e 2º de primaria. Nas semanas anteriores todos estes grupos de alumnas estiveran a traballar no CIFP Portovello na organización da proposta pedagóxica que levarían para cada unha das escolas, utilizando para elo as actividades deseñadas no curso anterior para a Escola no Rio, seleccionando os materiais precisos, ensaiando os contos e distribuindo tarefas e roles entre cada unha delas.

Foron recibidas en cada caso polas mestras e nen@s de cada escola, para despois de se presentar levar a cabo todo o previsto nun rio próximo a cada escola. E todo aconteceu como tiña que acontecer, de xeito marabilloso para alumnas do ciclo e nen@s das escolas do CRA…

…o latexar das árbores, a pel a sentir, a vida invisible ao descuberto, as formas das pedras e moita imaxinación e creatividade d@s nen@s.

[youtube https://www.youtube.com/watch?v=O9Qobno6mzs&w=560&h=315]

Dosier de prensa

Encontro do alumnado e profesorado do CIFP Portovello, CRA de Meis e CPI Mosteiro Meis (26/10/2017):

Inauguración das instalacións da Escola do río en Porta Pisón (14/06/2018)