Agradecementos especiais a persoas, experiencias e institucións pola súa influencia no noso proxecto:
- A Camilo Ojea, profesor de Bioloxía e compañeiro de aventura pedagóxica, por ternos animado a participar neste proxecto e estar sempre cando o precisamos.
- A Paco Bañobre e Ramsés Pérez, por brindarnos apoio técnico e axudarnos a transitar polas sendas da educación na natureza.
- Ao equipo educativo do CRA de Meis, persoas acolledoras coas que compartimos a inquedanza e o compromiso cunha educación pública de calidade, tamén nos contextos rurais.
- Á Asociación Autismo Ourense, por ter aceptado embarcarse con nós neste proxecto, explorando as posibilidades da Escola no río no traballo con persoas con TEA.

