Cultivo

Tomate

É unha planta herbacea anual ou perenne. Presenta vellosidades na maior parte dos seus órganos. Pode chegar a medir ata 2,5 m de alto. As súas follas son compostas pola faz que é de cor verde e o envés de cor grisaceo. O froito é de cor vermello e o seu tamaño é moi variable dende uns 3 cm ata uns 16 cm de diámetro.

A forma do froito pode ser variada; achatada, redondeada e en forma de pera e a súa superficie pode ser lisa ou asurcada. A raíz dos tomates pode alcanzar ata o 1,5 m de profundidade. É unha planta de clima cálido. As temperaturas óptimas nocturas son entre 15 e 18 ºC e diurnas de entre 24 a 25 ºC.

Non é unha planta moi esixente en canto a solos.  En referencia aos coidados e mantemento, o tomate precisa dun bo abono e moitas horas de sol e de auga, o regadio levarase a cabo diariamente se fai moito sol (no amencer ou atardecer) e regar no propio pé da planta.

Se as follas se poñen amarelas é por falta de ferro e se enredan entre sí é por falta de calcio. En canto á poda é moi importante retirar as ramas de abaixo para que teñan máis forza é produzan máis tomates.

Amorodo

É unha planta rastreira, con talos simples e anuais. As follas agrúpanse en forma de óvalo  e están dentadas. O seu froito ten un sabor moi agradable aínda que lixeiramente agrio. O momento idóneo para plantala son nos meses de primavera, cando a temperatura oscila entre os 18ºC e os 23ºC. Adáptanse ben a calquera solo, non obstante, prefiren lugares soleados,  moi húmidos e libre de maleza.  

Framboesa

É unha planta rubideira, medra en claros de bosques ou prados. De fácil cultivo, ten tendencia a  extenderse. O momento idóneo para plantar é a mediados de inverno con temperaturas que oscilan entre os 12ºC e os 15ºC.

Prefire solos profundos, húmidos, acedos e soleados. O seu froito é a framboesa  cuxo sabor é forte e doce e sae durante o verán tardío ou outono temperán.

En referencia aos coidados e mantemento o framboeseiro precisa de un bo abono, necesita moitas horas de sol e de auga e mater o entorno da planta limpo de maleza. En canto á poda farase despois do periodo de recolleita, nos meses de inverno que é cando os talos da planta encóntranse en fase de inactividade total.

Leituga

É unha planta herbácea propias de rexións semitempladas onde se cultiva como alimento. Grazas a o seu cultivo en invernadoiros, pódese consumir durante todo o ano. Os bordes destas follas poden ser lisos, rizado ou aserrado.

Non soporta temperaturas altas, sendo a máxima de 30ºC e unha mínima de 6-8ºC. É unha planta que esixe unha diferenza de temperatura entre o día e a noite. Agradece a auga por goteo e aspersión.

Os principais coidados que necesita a leituga son: un solo rico en nutrintes e con bo drenaxe; non debe estar esposta ao sol sobre todo nos meses de verán polo que é recomendable que a planta creza en lugares con sombra; á hora da recolección deberase extraer da horta directamente no momento en que se queiran consumir.

Allo

É unha planta perenne  de orixe siberiana. Existen nunha  gran variedade de cores tales como allo branco, morado, castaño ou allo negro. A súa raíz componse de 6 a 12 bulbos, coñecidos tradicionalmente como dentes de allo. Cada un destes dentes queda recuberto por unha membrana semitransparente. Estas raíces poden alcanzar os 50 cm de profundidade. Da sua parte superior nacen partes fibrosas que enraízan a planta a terra e proporcionan o alimento.

O que caracteriza ao allo e o seu aroma e sabor. Esta hortaliza posúe unha riqueza en proteínas e  hidratos de carbono superior a outras verduras e hortalizas. Pódese utilizar de forma culinaria tanto de forma cruda ou cociñada.

Algúns exemplos dos beneficios que ofrece esta hortaliza poden ser: é un alimento que combate o colesterol, favorece o sistema inmunitario, evita arrefriados, reduce a presión sanguínea, é antiinflamatorio, mellora a asma e é moi beneficioso incluso contra o cancro.

Cebola

Trátase dunha hortaliza de orixe asiático. Existe unha gran gama de  variedade que poden clasificarse en función da cor, bulbo, forma, tamaño, usos, orixe. Está formada por varias capas, son follas que se dispoñen unha sobre a outra, que se engrosan e volvense carnosas. O talo pode alcanzar ata 1m de altura. As raíces son de cor branco y pouco profundas.  As sementes son de cor negra, redondeada e algo aplastada. Nun gramo hai aproximadamente 250 sementes. 

Pódese utilizar de forma culinaria tanto de forma cruda ou cociñada. Algúns exemplos dos beneficios que ofrece esta hortaliza poden ser: é útil contra a renitis, anginas, farinxitis, resfriados, dores de oído etc.

Chícharo

É unha planta rubideira. En canto ás temperaturas, o chícharo gusta de climas frescos e non excesivamente de choiva. Ten unha gran resistencia ás xeadas, xa que permite temperaturas de ata -2ºC. Crece de maneira óptima entre 16ºC e 20ºC.

Require terras traballadas en profundidade, frescas, aireadas e esponxosas. O momento de sementar vai a depender do clima onde se vaian a cultivar. En zonas cálidas pódese sementar dende outubro, para ter colleitas temperás. En rexións máis frías deberase esperar a mediados de febreiro, xa que se corre o risco  de que non chegue a xerminar ou morra por baixas temperaturas. Para sementala ábrese un rego e déixase caer unha semente cada 2 ou 3 cm ou ben déixase caer 4 ou 5 sementes separadas 10cm. A distancia entre liñas vai dende os 40 cm ata os 60 cm. As sementes téñense que enterrar uns 4 cm e recoméndase sementala directamente.

En referencia aos coidados, nun principio a planta do chícharo non precisa abono nin regadío, ainda que depende da zona de cultivo. En terras moi calizas non se soe dar moi ben pois sofren clorosis férricas. Se o inverno está sendo demasiado seco e a terra o precisa, pódese regar de forma copiosa e espaciada, especialmente despois da floración. Se queremos evitar facer escardas é moi interesante sementar rabanitos ou nabos entre liñas de guisantes.

Ravo

É unha hortaliza bianual de orixe chino. O seu talo é ramoso peludo e as súas follas son ásperas e grandes, partidas en lóbulos dentados. As súas flores son brancas, amarelas ou moradas agrupadas en racimos. A raíz é carnosa e comestible de forma ovalada de cor branca ou vermello e de sabor picante.

O ravo sóese acompañar con aceite, sal e pementa ou salsas. Tamén se pode comer crudo ou cocido.

En canto a beneficios teñen propiedades diuréticas, fortalece o sistema inmunolóxico, facilita a dixestión, combate enfermedades cardiovasculares, prevén o cancro, recomendase o seu consumo a asmáticos/as e é unha fonte de fibra.

Cenoura

É unha hortaliza bianual de orixe asiática. As cores desta hortaliza son variables, dependendo da variedade poden ser: moradas, brancas, verdes, negras e laranxas. Encanto a forma é alongada, o seu tamaño varía entre os 10 cm e os 20 cm e o seu grosor entre os 2 cm e os 4 cm. A cenoura en sí é a raíz da planta.

No tocante aos usos culinarios pódese consumir cruda ou cocida; tamén se utilizan para elaborar ensaladas, cremas, snacks ou saborosos doces como bombóns ou tartas.

Entre os seus beneficios destacan: fortalece a pel, mellora a saúde ocular, vigoriza a mente,ten propiedades anticanceríxenas, estimula o apetito, fortalece o cabelo e as unllas e protexe o corazón entre outras. Cabe destacar que as follas da cenoura consumidas en té son un bo desintoxicante e é bo para os problemas urinarios.

Remolacha

É  unha planta herbácea anual ou bianual de orixe africana. É unha hortaliza cuxa cor varía de rosáceo a violáceo, de alaranxado a vermello ou  incluso marrón escuro. As súas follas poden  alcanzar os 2 metros de altitude. As raíces son delgadas,  pequenas e de pouca profundidade.

En canto a usos culinarios cabe destacar que a forma en que se manteñen todos os seus nutrintes é comela cruda, en ensalada ou cocida.

Os beneficios da remolacha son: é unha hortaliza cardiosaúdabel, disminúe o colesterol, reduce a hipertensión e limpa as arterias.

Acelga

A acelga é unha planta bianualda, cultivase polas follas, das cales en algunhas variedades utilízanse o pecíolo carnoso e en outras a folla enteira. Foi un alimento básico na nosa dieta diaria durante moito tempo. É unha planta bianual de ciclo largo que non forma nin raíz nin fruto comestible.

A acelga require un terreo fresco, profundo e ben abonado. O cultivo da acelga realízase mediante sementado directo aclarando as planta que vaian xerminando deixando un marco de cultivo de 50×30 cm. Necesita un regadío frecuente dando lixeiras escardas para romper a costra do terreo e distribuir  as malas herbas , tendo coidado de non dañar  ar raíces. Soporta baixas temperaturas, pódese cultivar todo o ano pero é preferible evitar as épocas de moita calor. 

Repolo

Cabaciña

Material elaborado polo alumnado de 1º Animación Sociocultural e Turística e 1º de Atención a Persoas en Situación de Dependencia (curso 2020/2021)