Pensada para…
… descobrir a contorna natural do río Loña, especialmente a flora e especies autóctonas
… crear un momento distendido e de diálogo interxeracional
Pasamos á acción…
O gran grupo será recibido e presentaráselle a actividade. Unha vez feito isto, entregarase a cada persoa ou pequeno grupo un cartón deste bingo ambiental e un lapis para escribir no mesmo. A actividade consistirá en que as persoas atopen as especies naturais que nel aparecen a medida que fan o roteiro do Río Loña camiñando, mentres se van contando curiosidades da contorna sobre a cultura material e inmaterial así como sobre as especies naturais autóctonas que aquí nos podemos atopar. Destacar que as participantes non terán o mesmo cartón xa que haberá diferentes e, coma no xogo do bingo, cando completen a liña horizontal cantarán “liña” e cando terminen todo cantarán “bingo”. Aínda así, esperaremos a chegar ao final da ruta e a que todo o mundo complete o seu cartón para en gran grupo comentar as especies atopadas, os sons e todo o que se foi identificando durante esta ruta.

Precisamos…
… lapis
… un soporte en papel ou dixital para o bingo
Actividade deseñada polo alumnado de 1º de Animación Sociocultural e Turística (decembro 2020)

