Os nosos bosques

 

  • Autoría: Diego García e Judith Santos
  • Ilustración: Clara Cerviño
  • Editorial: Miudiño Sociedade Cooperativa Galega

 

A miúdo poderíamos pasear polos bosques do noso entorno pero…que coñecemos deles? que especies os habitan?

Neste álbum de gran formato podemos atopar cinco acuarelas de Clara Cerviño que nos amosan os tesouros naturais agochados nas fragas atlánticas, nas devesas luguesas e nas carballeiras e soutos espallados por toda Galicia.

 El secreto de erizo

 

  • Autoría: Susanna Isern
  • Ilustración: Natalia Colomo
  • Editorial: canica books
  • ISBN: 978-84-945336-3-1

Os animais do bosque están preocupados. Que lle pasa a ourizo? Tropeza con todo o que atopaaoseu paso e parece gardar un segredo.

Historia acumulativa de SusannaIsern sobre a amizade, o compañeirismo, a empatía e a axuda, ilustrado con delicadeza por Natalia Colomo.

Animales a mano

  • Autoría: Jorge Luján/Teresa Porcella
  • Ilustración: Giulia Orecchia
  • Editorial: Kókinos
  • ISBN: 978-84-16126-17-0

De onde ven ese caloriño que me quenta?

Fantástico libro para xogar ao teatro de mans no que os dedos se convirten nun verme, nun caracol e mesmo no sol.

Cogomelos de Galicia e norte de Portugal

  • Autoría:  Marisa Castro
  • Editorial: Xerais
  • ISBN: 978-84-9782-243-5

Completísima guía adicada ao coñecemento dos cogomelos en Galicia e no norte de portugal, abordando cuestións tanto do ámbito máis científico como outras relacionadas coa elaboración de receitas e curiosidades dos cogomelos na literatura, artesanía, etc.

 

Árboles

  • Título: Árboles
  • Autoría: Piotr Socha
  • Ilustración: Piotr Socha
  • Editorial: Maeva
  • ISBN: 9788417108595

Centos e centos de árbores…cantas especies hai no planeta? Cal ten a semente máis grande? Que idade ten a árbore máis vella? Por que son tan importantes para a vida do resto de especies?…

Estas e máis preguntas atoparan resposta neste fantástico álbum ilustrado.

Abejas

  • Título: Abejas
  • Autoría: Piotr Socha
  • Ilustración: Piotr Socha
  • Tradución: Katarzyna  Motoniewicz  e Abel Murcia
  • Editorial: Maeva
  • ISBN: 978-84-16690-06-0

 

“Si se extinguiran bruscamente todas as abellas do noso planeta, a humanidade seguiríaas nese camino tan só nuns meses”

Introducción ao fascinante mundo das abellas, con magníficas ilustracións de Piotr Socha, que permite coñecer datos interesantes e curiosos sobre este insecto e a súa importancia ao longo da historia da humanidade.

 

 

 

Navega caracol

  • Título: Navega caracol
  • Autoría: Armando Quintero Laplume
  • Ilustración: André Letria
  • Tradución do castelán de Marisa Núñez
  • Editorial: OQO
  • ISBN: 978-8496788794

 

“Acababa de chover e o sol escondíase tras unha nube gris. Bonito día para navegar, concluíu Caracol”

Sinxelo álbum ilustrado que, ao igual que que o resto de libros desta mesma colección da editorial OQO, coa natureza como escenario trata sobre a importancia da amizade.

Caracol e caracola

  • Título: Caracol e caracola
  • Autoría: Armando Quintero Laplume
  • Ilustración: André Letria
  • Tradución do castelán de Marisa Núñez
  • Editorial: OQO
  • ISBN: 978-8496788770

 

Caracol viu o seu reflexo no charquiño do xardín no que vive e decidiu que era feo…

Fantástico álbum ilustrado para @s máis pequen@s que nos fai ver a importancia da amizade para a construcción dunha boa autoimaxe.

Caracol e vermiño

  • Título: Caracol e vermiño
  • Autoría: Armando Quintero Laplume
  • Ilustración: André Letria
  • Tradución do castelán de Marisa Núñez
  • Editorial: OQO
  • ISBN: 978-8496788817

 

“Caracol comía unha folla verde, enorme e saborosa. Vermiño comía outra igual, que resultou ser a mesma”.

Historia sinxela e cercana sobre a amizade.