Cem sementes que voaram.

  • Autoría: Isabel Minhós Martins
  • Ilustración: Yara Kono.
  • Editorial: Planeta Tangerina.
  • ISBN: 978-989-8145-80-2.

“Uma árvore está à espera esperançosa…O que espera ela? O dia ideal para lançar as sementes”

Grazas a este álbum ilustrado, lectores e lectoras de todas a idades poden descubrir a intelixencia das árbores e da natureza.

Árboles

  • Autoría: Lemniscates
  • Ilustración: Lemniscates
  • Editorial: Ekaré
  • ISBN: 978-84-944050-4-4

Como viven as árbores? Que fan en cada estación?
Este álbum ilustrado é unha porta aberta para descubrir estas e outras curiosidades sobre as árbores.

Mi árbol de los secretos

  • Autoría: Olivier Ka
  • Ilustración: Martine Perrin
  • Traducción:
  • Editorial: Kókinos
  • ISBN: 978-84-16126-04-0

“No máis profundo do meu xardín, hai unha gran árbore. E nesa árbore están todos os meus segredos”.

O vento trae segredos da infancia que repousan nas páxinas con movemento desta delicada obra escrita por Olivier Ka e ilustrada por Martine Perrin. Formato que esperta o asombro de maiores e crianzas.

O home de auga

 

  • Autoría: Ivo Rosati
  • Ilustración: Gabriel Pacheco
  • Traducción: Sandra Hombreiro Pérez
  • Editorial: Kalandraka
  • ISBN:978-84-8464-714-0

 

“…a auga, a forza de acumularse, rebordar e verterse por todas as partes, fixo nacer un home, un home alto, azul, transparente e cristalino. Un home de auga”.

 Relato sensible e poético sobre o valor da diferenza.

La corta historia de una gota de agua

  • Autoría: Beatrice Alemagna
  • Ilustración: Beatrice Alemagna
  • Traducción: Teresa Rivas
  • Editorial: Tramuntana
  • ISBN: 978-8493915780

“Esta é a historia dunha gota. Unha gota de auga. É unha historia corta”

Texto poético e imaxes abstractas que nos contan unha historia sinxela que permite fixar a atención nun acontecemento pequeno, imperceptible, que sucede cada día na natureza: a vida dunha gota de auga.

Lobiños

 

  • Autoría: José Carlos Román
  • Ilustración: David R. Lorenzo
  • Tradución: Laura Sousa Sánchez
  • Editorial: Narval
  • ISBN: 978-8494928222

 

“Neste lugar as cousas non son sempre o que parecen” (Proverbio do bosque)

Mentres os lobiños o pasan en grande, xogando no bosque, hai outros personaxes que non o viven igual. Marabilloso álbum ilustrado no que nenas e nenos poden descubrir que no bosque, como na vida, as cousas non sempre son o que parecen.

El origen de las especies

  • Autoría: Sabina Radeva
  • Ilustración: Sabina Radeva
  • Editorial: Harperkids
  • ISBN:  978-8417222314

Adaptación da obra de Charles Darwin para explicar ás crianzas, de maneira amena pero con rigurosidade, a Teoría da evolución das especies.

No interior da narración, en forma de historia, inclúense frases do propio Darwin e trátase de espertar a curiosidade de nenos e nenas polo método científico.

Os nosos bosques

 

  • Autoría: Diego García e Judith Santos
  • Ilustración: Clara Cerviño
  • Editorial: Miudiño Sociedade Cooperativa Galega

 

A miúdo poderíamos pasear polos bosques do noso entorno pero…que coñecemos deles? que especies os habitan?

Neste álbum de gran formato podemos atopar cinco acuarelas de Clara Cerviño que nos amosan os tesouros naturais agochados nas fragas atlánticas, nas devesas luguesas e nas carballeiras e soutos espallados por toda Galicia.

 El secreto de erizo

 

  • Autoría: Susanna Isern
  • Ilustración: Natalia Colomo
  • Editorial: canica books
  • ISBN: 978-84-945336-3-1

Os animais do bosque están preocupados. Que lle pasa a ourizo? Tropeza con todo o que atopaaoseu paso e parece gardar un segredo.

Historia acumulativa de SusannaIsern sobre a amizade, o compañeirismo, a empatía e a axuda, ilustrado con delicadeza por Natalia Colomo.

Animales a mano

  • Autoría: Jorge Luján/Teresa Porcella
  • Ilustración: Giulia Orecchia
  • Editorial: Kókinos
  • ISBN: 978-84-16126-17-0

De onde ven ese caloriño que me quenta?

Fantástico libro para xogar ao teatro de mans no que os dedos se convirten nun verme, nun caracol e mesmo no sol.