Nacer. Animais extraordinarios

 

  • Autoría: Xulio Gutiérrez
  • Ilustración: Nicolás Fernández
  • Editorial: Kalandraka
  • ISBN: 978-84-8464-693-8

 

Neste libro pódense descubrir distintas estratexias reprodutivas que teñen os animais para garantir a supervivencia da súa especie. Datos curiosos para crianzas e maiores con gañas de saber.

Ollos. Animais extraordinarios

  • Autoría: Xulio Gutiérrez
  • Ilustración: Nicolás Fernández
  • Editorial: Kalandraka
  • ISBN: 978-84-15250-98-2

 

Por que uns animais ven mellor de día e outros de noite? Por que algúns captan movementos imperceptibles ao ollo humano? Libro repleto de  interesantísimos datos e curiosidades sobre o sentido da vista de animais de todo o planeta.

Viaxeiros. Animais extraordinarios

  • Autoría: Xulio Gutiérrez
  • Ilustración: Nicolás Fernández
  • Editorial: Kalandraka
  • ISBN: 978-84-16721-38-2

Compilación de unha ducia de animais que para sobrevivir protagonizan viaxes abraiantes.

Ocultos. Animais extraordinarios

 

  • Autoría: Xulio Gutiérrez
  • Ilustración: Nicolás Fernández
  • Editorial: Kalandraka
  • ISBN: 978-84-15250-41-8

 

Grazas a este libro podemos descubrir aos maestros da camuflaxe. Habilidade que lles permite sobrevivir engañado tanto ás súas presas coma aos seus depredadores. Anímaste a descubrilos?

Bocas. Animais extraordinarios

  • Autoría: Xulio Gutiérrez
  • Ilustración: Nicolás Fernández
  • Editorial: Kalandraka
  • ISBN: 978-84-96957-27-5

Fantástico libro para amantes da natureza que forma parte da colección “Animais extraordinarios” editada por Kandraka.
Nesta primeira entrega Xulio Gutiérrez e Nicolás Fernández convidannos a descubrir a forma que teñen de inxerir os alimentos distintos animais desde o oso formigueiro ata a lamprea.

Ríos

 

  • Autoría: Peter Goes
  • Ilustración: Peter Goes
  • Traducción: Marta Aguilé
  • Editorial: Maeva Young
  • ISBN: 978-84-17108-70-0

Impresionante viaxe polos mares,lagos e ríos do noso planeta. Libro repleto de datos curiosos e feitos fascinantes que saciará e espertará a curiosidade, a partes iguais, de crianzas e maiores

Árboles

  • Título: Árboles
  • Autoría: Piotr Socha
  • Ilustración: Piotr Socha
  • Editorial: Maeva
  • ISBN: 9788417108595

Centos e centos de árbores…cantas especies hai no planeta? Cal ten a semente máis grande? Que idade ten a árbore máis vella? Por que son tan importantes para a vida do resto de especies?…

Estas e máis preguntas atoparan resposta neste fantástico álbum ilustrado.

Abejas

  • Título: Abejas
  • Autoría: Piotr Socha
  • Ilustración: Piotr Socha
  • Tradución: Katarzyna  Motoniewicz  e Abel Murcia
  • Editorial: Maeva
  • ISBN: 978-84-16690-06-0

 

“Si se extinguiran bruscamente todas as abellas do noso planeta, a humanidade seguiríaas nese camino tan só nuns meses”

Introducción ao fascinante mundo das abellas, con magníficas ilustracións de Piotr Socha, que permite coñecer datos interesantes e curiosos sobre este insecto e a súa importancia ao longo da historia da humanidade.

 

 

 

El agua

  • Título: El agua
  • Autoría: Pierre- Marie Valat
  • Ilustración: Pierre- Marie Valat
  • Editorial: SM
  • ISBN: 9788467521801

 

A auga está por todas partes na natureza e mesmo na nosa casa. Que segredos esconde?

Libro interactivo, con transparencias, sobre o ciclo da auga. Dará resposta á curiosidade d@s nen@s sobre este elemento.

Los bosques

  • Título: Los bosques
  • Autoría: René Mettler y Gallimard Jeunessse
  • Ilustración: René Mettler
  • Tradución: Fernando Bort
  • Editorial: SM
  • ISBN: 978-84-6756750-2

 

Cando apareceron os primeiros bosques na terra? Quen os habita? Que utilidade teñen?

Se queres atopar resposta a estas e outras preguntas sumérxete na lectura deste libro que aporta datos veraces acompañados de ilustracións realistas. Inclúe transparencias que aumentan o seu atractivo e convidan ó descubrimento.