Por que merendar nun río?
Porque é un espazo natural con escaso mobiliario urbano, caracterizado pola súa amplitude para moverse e interactuar coa natureza, sen obstáculos e sen contaminación acústica.
Será unha merenda diferente, non utilizaremos cadeiras, nin mesas, nin pratos, en definitiva, instrumentos cotiás. A merenda será no chan, cun contacto directo coa natureza, ao carón do río. Pero tamén será diferente porque será compartida cos/coas compañeiros/as e, sobre todo, coas familias.
A adaptación ao entorno pode ser complicada porque o chan é irregular, pero á vez gratificante porque nos sentaremos en círculo, mantendo un contacto visual. Isto proporcionaralles estimulación social e sensorial, ademais de educar na conciencia ambiental.









