Enredamos e experimentamos coa auga

Pensada para

…que partindo da interacción cun elemento natural, como a auga, as crianzas se acheguen ao coñecemento da materia.

…que con algo tan simple como soltar unha pedra, un pau, unha folla ou outros materiais naturais, nun balde con auga, potenciar a capacidade de pensamento deductivo, desenvolvendo diferentes intelixencias.

Pasamos á acción

Escollido o lugar no que se vai desenvolver a proposta, preto do río, máis a unha distancia que permita as interaccións entre as crianzas e os materiais sen que exista perigo, garantindo que todo o grupo poida formar un corro.

Prepararemos dous baldes de plástico transparente e encherémolos ata a metade de auga, xuntámonos todas e todos arredor dos baldes e presentamos a dinámica da actividade coa axuda dunha pequena selección de obxectos naturais como algunha pedra, paos e follas, co obxecto de que se fagan unha idea de que materiais poden recolectar máis tarde.

Imagen 1

A continuación, pedirémoslle ás crianzas que recollan pola contorna dous ou tres materiais naturais que se poidan meter nos baldes. Insistiremos en que non se trata de coller moitos, senón cousas diferentes.

Unha vez feita a colleita, voltamos ao corro en torno aos baldes e de xeito organizado, en pequenos grupos, comezamos a experimentar cos elementos recollidos e a auga dos baldes. Non existe un guión previsto, deixando liberdade.

A actividade pode conducir ás crianzas a facerse preguntas sobre por que algúns obxectos flotan e outros non, por que uns afondan máis rápido que outros, por que se producen ondas cando algúns obxectos caen sobre a auga, se o que acontece no balde tamén ocorre no río, por que as cousas se ven diferentes a través da auga ou das paredes do balde… Co formato dunha asemblea promoverase que a través de diálogos moderados vaian formulando as súas preguntas e hipoteses e atopando respostas. As persoas adultas limitarémonos a animar e moderar a participación, se é preciso, observando con atención o que ocorre e documentando o proceso.

Rematada a actividade, coa participación de todas e todos, recolleremos todo deixando o espazo como estaba cando chegamos.

Precisamos…

… Un espazo chan e con boa luz.

… 2 baldes de plástico transparentes.

… Elementos naturais presentes no bosque (follas, paos, pedras, etc).

… Toallas ou papel para secarse as mans.

 

Dientes de León

  • Autoría: Jang-Sung Kim y Hyun Gyung Oh
  • Ilustración: Oh Hyun Kyung
  • Traducción: Sebastián Parodi
  • Editorial: Tramuntana
  • ISBN: 978-84-16578-14-6

Los dientes de león son dientes de león.

También cuando brotan, son dientes de león…

Un álbum ilustrado de lectura áxil e ilustracións realistas para ser contado a nen@s de calquera idade. Cal é o ciclo da vida dun dente de león? onde nacen? como viven? encontramos nas súas páxinas resposta a estas e outras cuestións relacionadas cunha soa planta: o dente de león (leitaruga, mexacán, almeirón, dentón…). Un tesouro necesario na biblioteca da nosa escola.

Un segredo do bosque

  • Autoría: Javier Sobrino
  • Ilustración: Elena Odriozola
  • Editorial: OQO
  • ISBN:  978-84-9871-037-3

Un segredo percorreu todos os recunchos do bosque. Moit@s opinaban que estaba tola pero Esquío non o podía sacar da cabeza dende a primeira vez que o vira… o amor é así.

Unha preciosa e entrañable historia de amor na que non importan as diferenzas.

Construímos barcos que navegan polo río…

Pensada para…

Familiarizar ás crianzas co seu entorno recoñecendo e observando plantas, paxaros, insectos, árbores, flores….

Fomentar o vínculo co contorno que arrodea ás crianzas así como as dinámicas de coidado e respecto polo vivo a través da construción dun xoguete, o barco, respectuoso co medio ambiente.

Proporcionar experiencias reais nas que, nenas e nenos, poidan recibir información significativa do que observan e manipulan ao tempo que utilizan a linguaxe para expresar o que senten e interactuar coas demais crianzas.

Poñer en práctica experiencias lúdicas a través das que comprender as transformacións da natureza: mollado- húmido -seco, rápido- lento, frío- morno -quente…

Pasamos á acción…

Esta aventura comeza compartindo o que sabemos.. o que non sabemos.. o que queremos descubrir… aquilo que nos gusta, nos desgusta… todo canto vaia xurdindo ao redor do natural, das follas, dos ríos, dos bichiños… do que imos facer e do que non debemos facer…. que mellor que unha Asemblea para facelo…

Colocarémonos en semicírculo e preguntarémoslle aos nenos/as, a través dunha asemblea inicial, se coñecen o entorno natural no que imos a traballar, e presentarémoslle en que vai consistir o proxecto, a creación de barcos con materiais que se recollan na natureza e que desenvolveremos nos días posteriores.

Para iso é moi importante a súa opinión e os coñecementos que teñan xa con antelación.
Ese mesmo día, ou nos días anteriores sairemos a recoller os materiais ao redor do río, cun saquiño observaremos os camiños, as folliñas que hai no chan, os paociños que podamos ir atopando… sen arrincar nada… de calquera rama ou cortiza podemos facer construcións incribles!…

“..pero non podemos destruír fogares…. Teremos que observar detidamente se existe algún inquilino ou inquilina… para non cambiarlles de casa senón… terían que cambiar de escola tamén!, perderían de vista aos seus amigos e amigas!….»

É moi importante que durante o paseo e a busca de materiais comuniquemos todo aquillo que nós consideremos importante de xeito divertido e ameno… case como un conto, mantendo a atención e o interese das crianzas para que interactúen, falen, se expoñan cuestión….

Xa cos materiais recollidos, construiremos os barcos.

Primeiramente, ordenarémolos por tipos (clasificaremos as madeiras, e anacos de madeiras, por outra banda os paos e xa seguidamente colocaremos as follas que temos).Barcos-6

Pasaremos ao proceso de toma de decisións, respectando as individualidades de cada unha, temos que ter en conta que non todas as crianzas quererán utilizar os mesmos materiais. Calquera peza de madeira (pao, cortiza, piña, cáscara…) ao que se lle axuste unha folla (carballo, figueira, castiñeiro…) pode ser unha boa embarcación.

E unha vez que cada crianza teña o seu material, pasaremos á construción da nave… teremos que pedirlles que proben, ou pensen como van facer… mentres as acompañamos e axudamos na construción. Para atar as pezas, serviranos calquera herba resistente, ou corda natural. Non utilizaremos ningún material de plástico.

Xa remataremos o proxecto coa posta en funcionamento dos nosos barcos. En función do número de rapaces e rapazas que nos acompañen, iremos deixando en varios embarcadoiros (partes do río) as naves… e soltándoas unha a unha ou varias a un tempo e vendo como se desprazan polo río: se se manteñen, se hai vento, se hai correntes de auga ou está en calma…

Precisamos…

Madeiras ou elementos de madeira que atopemos durante o paseo como cortizas, paos, piñas, cáscaras de noz…

Follas das caídas, dependendo da estación teremos máis ou menos variedade pero recolleremos aquelas que temos polo chan, sen arrancar ningunha.

Para montalos utilizaremos corda natural de distintos grosores ou ramiñas flexibles.

Walden

  • Autoría: Henry David Thoreau
  • Editorial: Errara naturae
  • ISBN: 9788415217459

“Fui a los bosques porque quería vivir con un propósito; para ha­cer frente sólo a los hechos esenciales de la vida, por ver si era capaz de aprender lo que aquélla tuviera por enseñar, y por no descubrir, cuan­do llegare mi hora, que no había siquiera vivido. No deseaba vivir lo que no es vida, ¡es tan caro el vivir!”

 

El roble

  • Autoría: Carlos Silvar
  • Ilustración: Calros Silvar
  • Editorial: editorial ártabro
  • ISBN: 978-84- 939942-8- 0

 

 

El árbol

  • Autor: Hervé Tullet
  • Ilustrador: Hervé Tullet
  • Editorial: Coco books
  • ISBN: 978-84-939-6217-3

 

Fantástico libro- xogo de Hervé Tullet que permite ver  en movemento, ao estilo dos mini-films, o ciclo de vida dunha árbore dende o seu nacemento ata que queda sen follas e todo volve a empezar.

Maxia nas mans para os/as máis pequenos/as.

Un segredo do bosque

  • Autoría: Javier Sobrino
  • Ilustración: Elena Odriozola
  • Editorial: OQO
  • ISBN:  978-84-9871-037-3

Un segredo percorreu todos os recunchos do bosque. Moit@s opinaban que estaba tola pero Esquío non o podía sacar da cabeza dende a primeira vez que o vira… o amor é así.

Unha preciosa e entrañable e historia de amor na que non importan as diferenzas.

A árbore da escola

  • Autoría: Antonio Sandoval
  • Ilustración: Emilio Urberuaga
  • Editorial: Kalandraka
  • ISBN: 978-84-8464-259-6

No patio da escola había unha árbore.

Só unha.

Un relato cargado de optimismo. Unha historia de amor entre as crianzas e a árbore da súa escola, no que a mestra muda os seus pensamentos pola obstinación d@s nen@s en acariñala. A secuencia de imaxes e texto déixanos con dúas ideas: o valor que ten o respecto pola natureza durante a infancia e a importancia que teñen os proxectos na metodoloxía escolar, construidos a partir das propostas d@s propi@s nen@s