Levaremos a cabo unha actividade de orientación á realidade, partindo do entorno natural do Loña, para diferenciar as características das estacións. Con esta iniciativa buscamos identificar o paso do tempo e aumentar a sensación de control sobre o contexto, observando os cambios producidos no río.
Ao longo do ano, realizaremos catro visitas ao río, observando as mudanzas estacionais e tomando fotografías da visita. Previamente, farase a lectura de contos adaptados, e, posteriormente elaborarase un mural coas imaxes tomadas.
A actividade comprende catro visitas ao río, unha en cada estación, e en cada visita repetiremos o mesmo esquema de traballo:
- Sesión de preparación: lectura dun conto con pictogramas para anticipar a actividade.
- Sesión no río: interacción guiada cos diferentes elementos naturais, tomando fotografías e identificando aspectos do río que cambian nas distintas estacións.
- Sesión de análise: empregando as fotografías e facendo uso da memoria, adicaremos un momento á reflexión sobre as mudanzas estacionais.
Por último, elaboraremos unha memoria gráfica da actividade: un mural que recolla as mudanzas no río, a través das fotografías tomadas durante todo o ano.



Una respuesta a «As estacións»