Despois da chuvia

  • Autoría: Miguel Cerro
  • Ilustración: Miguel Cerro
  • Tradución: Manuela Rodríguez
  • Editorial: Kalandraka
  • ISBN: 978-84-8464-968-7

Houbo unha vez un bosque maravilloso,

en que vivían toda clase de animais…

Unha historia para pensar, emocionarse e descubrir o bosque a través de diferentes personaxes. O conto destaca polo contraste de cores nas súas ilustracións e a marabillosa presenza da natureza en todas as súas páxinas.

A árbore xenerosa

  • Autoría: Shel Silverstein
  • Tradución: Chema Heras
  • Editorial: Kalandraka
  • ISBN: 978-84-8464-962-5

 

Había unha vez unha árbore…

que quería moito a un neno (…)

Unha historia das que non deberían rematar nunca. O amor incondicional, a lealdade e xenerosidade infinita entre unha árbore e un neno son os valores que encontramos neste relato extraordinario. O trazo libre e a simplicidade do negro sobre o branco en cada imaxe convírteno en esencial para os andeis de calquera biblioteca.

Hilderita e Maximiliano

  • Autoría: Fernando Krahn
  • Ilustración: Fernando Krahn
  • Tradución: Xoan Couto
  • Editorial: Kalandraka
  • ISBN: 978-84-8464-230-5

Érase unha vez dúas xoaniñas:

Hilderita Vermella

E Maximiliano Amarelo…

Se procuramos un conto no que unha árbore actúa de testemuña na transformación dun animal estamos ante o álbum perfecto. Unha alegoría da vida, un canto de berce aos soños fuxidizos do tempo, un lenzo sobre a beleza do amor, contado por dúas xoaniñas que nos recordan a nós mesm@s. Que pensará unha crianza o sentir este conto?

Piñeiro

  • Autor: Antonio Rubio
  • Ilustrador: Óscar Villán
  • Traductora: Manuela Rodríguez
  • Editorial: Kalandraka
  • ISBN: 978-84-8464-856-7

Piñeiro e piñeiro

dous piñeiros son (…)

Libro de poegramas da colección do Berce á Lúa recomendado para as crianzas mais pequenas. Poden pasar por si mesm@s as páxinas (editado en cartoné) para descubrir imaxes sinxelas, acompañadas todas elas coa musicalidade dunhas poucas palabras…