Os nosos bosques

 

  • Autoría: Diego García e Judith Santos
  • Ilustración: Clara Cerviño
  • Editorial: Miudiño Sociedade Cooperativa Galega

 

A miúdo poderíamos pasear polos bosques do noso entorno pero…que coñecemos deles? que especies os habitan?

Neste álbum de gran formato podemos atopar cinco acuarelas de Clara Cerviño que nos amosan os tesouros naturais agochados nas fragas atlánticas, nas devesas luguesas e nas carballeiras e soutos espallados por toda Galicia.

 El secreto de erizo

 

  • Autoría: Susanna Isern
  • Ilustración: Natalia Colomo
  • Editorial: canica books
  • ISBN: 978-84-945336-3-1

Os animais do bosque están preocupados. Que lle pasa a ourizo? Tropeza con todo o que atopaaoseu paso e parece gardar un segredo.

Historia acumulativa de SusannaIsern sobre a amizade, o compañeirismo, a empatía e a axuda, ilustrado con delicadeza por Natalia Colomo.

Animales a mano

  • Autoría: Jorge Luján/Teresa Porcella
  • Ilustración: Giulia Orecchia
  • Editorial: Kókinos
  • ISBN: 978-84-16126-17-0

De onde ven ese caloriño que me quenta?

Fantástico libro para xogar ao teatro de mans no que os dedos se convirten nun verme, nun caracol e mesmo no sol.