10/10/2016
A semana pasada fixemos unha saída ao parque Loña. Xunto con nos veu o noso profesorado. Pareceume unha experiencia moi enriquecedora.
Eu xa son afeccionada a saír a natureza, pero penso que saír con nenos, aos que en raras ocasións levan a espazos naturais ten que ser moi bo. E precisa a supervisión pero sen caer no fomento da dependencia.
Teremos que asumir que hai riscos, pero é un bo lugar para traballa os diferentes tipos de expresión, o desenvolvemento cognitivo, o xogo e sobre todo aprender a amar o que nos da a terra, a observar e a explorar.


