Reflexión sobre o Proxecto ríos. Noemí González

16/02/2017

Nesta entrada falarei da nosa participación no Proxecto Ríos. Paréceme moi interesante que se propoñan este tipo de actividades das que aprenderemos moitas cousas relacionadas coa nosa formación, á vez que participamos nun proxecto moi bonito e que a nivel persoal, me vai a aportar moitos coñecementos da natureza. Inicialmente, dáme un pouco de medo porque o ámbito da natureza, non é un ámbito no que teña adquirido moitos coñecementos, cada vez me gusta máis facer rutas de sendeirismo, gozar das postas de sol, sons da natureza… fai uns anos que descubrín que eses paisaxes e momentos que nos proporciona a natureza, son únicos e transmiten moita paz e que a conexión coa natureza aporta cousas que para min, non se atopan noutros ámbitos. Así é certo, que até fai uns anos non me importaba demasiado nin me preocupaba ter ese tipo de experiencias polo que para min, é un momento fantástico para poder adquirir coñecementos e recursos neste senso.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.