Apertas naturais

Pensada para

…que as crianzas descubran os sentidos como fonte de sensacións, empregándoas para o coñecemento do entorno que as rodea.

…que nenos e nenas utilicen a linguaxe oral como medio para expresar emocións e sentimentos.

… que se establezan relacións de confianza, respecto, colaboración e afecto, entre nenas e nenos, á hora de realizar a actividade.

…que nenos e nenas se acheguen cunha actitude de respecto á natureza e os seus habitantes.

Pasamos á acción

Previa á saída coas crianzas teremos localizada unha zona segura e axeitada para a realización da actividade. Trátase de buscar un lugar sen desniveis moi pronunciados no seu chan e con árbores suficientes para que nenas e nenos e podan abrazalos sen necesidade de esperas.

IMG_20171026_130959744_HDR

De camiño cara o bosque podemos ir preparando o ambiente e falando da maxia que supón sentir, moi de preto, a enerxía das árbores. Podemos falar de animais, que aínda que non estén presentes no noso entorno cercano, todos e todas coñecemos como por exemplo os koalas que pasan a maior parte do tempo abrazados ás árbores para sobrelevar as altas temperaturas. Tamén podemos falar de animais máis cercanos e facilmente visibles nas saídas: paxaros, insectos, esquíos…

Unha vez no lugar elixido alentaremos a nenos e nenas para que se movan con liberdade no entorno e podan dar todas aquelas apertas que queiran ás arbores: apertas individuais, apertas en parella, apertas en grupos…

Trataremos, en todo momento, que nenas e nenos sexan respectuosas co medio natural o cos seus habitantes, pondo especial coidado en non molestar a ningún animal, nin alterar o seu hábitat.

Unha vez que o interese dos nenos e nenas comence  a decaer xuntarémonos e, sentadas en círculo no chan, compartiremos co grupo aquelas sensacións vividas, sentimentos e información que consideremos importantes.

Precisamos…

… Un espazo axeitado dentro do bosque.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.