Museo de los insectos

  • Título: Museo vivo de los insectos
  • Autoría: François Lasserre
  • Ilustración: Anne de Angelis
  • Editorial: Harperkids
  • ISBN: 9788417222123

Divertida clasificación de insectos do prestixioso entomólogo  François Laserre feita con “ollos de neno”.

Describe curiosidades, fuxindo de datos científicos,  nas que os adultos non reparan pero que asombrarán a calquera “insectólogo” de curta idade.

O texto está acompañado de ilustracións realistas, realizadas por Anne de Angelis, que permitirán observar a beleza de cada insecto e recoñecelos fácilmente se temos a sorte de toparnos con eles.

Animalium

  • Autoría: Jenny Broom
  • Ilustración: Katie Scott
  • Editorial: Impedimenta
  • ISBN: 9788415979463

“Este museo é diferente a calquera outro que teñas visitado antes. Aberto vintecatro  horas ao día, sete días á semana…”

Para naturalistas de todas as idades este museo acolle máis de 160 animais, agrupados por especies, que poboan o noso planeta. Ofrécenos datos científicos acompañados de atractivas ilustracións que os complementan.

De merenda

Por que merendar nun río?

Porque é un espazo natural con escaso mobiliario urbano, caracterizado pola súa amplitude para moverse e interactuar coa natureza, sen obstáculos e sen contaminación acústica.

Será unha merenda diferente, non utilizaremos cadeiras, nin mesas, nin pratos, en definitiva, instrumentos cotiás. A merenda será no chan, cun contacto directo coa natureza,  ao carón do río. Pero tamén será diferente porque será compartida cos/coas compañeiros/as e, sobre todo, coas familias.

A adaptación ao entorno pode ser complicada porque o chan é irregular, pero á vez gratificante porque nos sentaremos en círculo, mantendo un contacto visual. Isto proporcionaralles estimulación social e sensorial, ademais de educar na conciencia ambiental.

Naturezario

Comezamos levando a cabo un obradoiro de fotografía no río, para obter imaxes. Cada persoa retrata aqueles espazos, obxectos, elementos do río que máis lle interesen.  

Posteriormente, coa lectura de obras relacionadas coa contorna natural, selecciónanse frases que acompañen cada mes do ano.

Despois, chegará o momento de maquetar o calendario. Empregaranse entón as imaxes e citas seleccionadas entre todas.

A dinámica de traballo ten que involucrar a todas as persoas tendo en conta as súas potencialidades. Como a proposta abarca unha diversidade de tarefas tan amplas, todas poderemos participar nalgunha medida ao longo do proceso.

As estacións

Levaremos a cabo unha actividade de orientación á realidade, partindo do entorno natural do Loña, para diferenciar as características das estacións. Con esta iniciativa buscamos identificar o paso do tempo e aumentar a sensación de control sobre o contexto, observando os cambios producidos no río.

Ao longo do ano, realizaremos catro visitas ao río, observando as mudanzas estacionais e tomando fotografías da visita. Previamente, farase a lectura de contos adaptados, e, posteriormente elaborarase un mural coas imaxes tomadas.

A actividade comprende catro visitas ao río, unha en cada estación, e en cada visita repetiremos o mesmo esquema de traballo:

  • Sesión de preparación: lectura dun conto con pictogramas para anticipar a actividade.
  • Sesión no río: interacción guiada cos diferentes elementos naturais, tomando fotografías e identificando aspectos do río que cambian nas distintas estacións.
  • Sesión de análise: empregando as fotografías e facendo uso da memoria, adicaremos un momento á reflexión sobre as mudanzas estacionais.

Por último, elaboraremos unha memoria gráfica da actividade: un mural que recolla as mudanzas no río, a través das fotografías tomadas durante todo o ano.

Rastrexo

Moitas persoas, pasan a maior parte do día en contextos físicos moi estruturados e pouco estimulantes (o seu propio fogar, centros educativos, centros de día, centros residenciais…). O que pretendemos é xerar oportunidades de aprendizaxe nun contexto diferente: aberto, dinámico e cambiante.

Aprenderemos a identificar elementos do medio natural, interatuando con el, descubrindo novas sensacións e emocións.

Como? Xogando. Cada participante terá un soporte gráfico daqueles elementos do río que hai que identificar. Terá que localizalos e confirmar que están presentes no espazo. Irá almacenando nunha lista de comprobación, aqueles que atopou. Acompañaremos a actividade, proporcionando pistas ou facilitando a actividade para non xerar frustración coa procura. Trátase de observar e coñecer, non de competir.

Próxima parada: Río Loña

Mediante esta proposta pretendemos que as persoas adquiran, coa axuda das súas familias, as habilidades necesarias para facer un uso autónomo dos espazos comunitarios. O que implica tanto coñecer o río, como adaptarnos á comunidade e ao medio, recoñecendo as “regras” de comportamento implícitas nos diferentes espazos polos que se van a desprazar, para así desenvolverse cunha maior autonomía.

Queremos conseguir que as persoas con TEA, interioricen e xeneralicen a adecuación da vestimenta á climatoloxía, o manexo dos cartos para o desprazamento en transporte público e as diferentes alternativas para poder chegar ao río e gozar del dunha maneira responsable.

Facendo uso de distintas historias ou guións sociais dixitais, facilitaremos o desenvolvemento da visita ao río Loña. Unha historia serviranos para apoiar a selección da vestimenta, outro para manexarnos no autobús e, un último, para chegar até o río dando un paseo.

Proposta para Autismo Ourense

Co proxecto “Escola no río” o alumnado 2º de Integración Social trata de achegar ás persoas con TEA á súa contorna, promovendo a educación ambiental, pero, sobre todo, facéndoas partícipes da súa comunidade.

Con esta proposta fomentamos a autonomía persoal das persoas participantes: traballamos varias actividades da vida diaria (tanto básicas como instrumentais), pero priorizando o desenvolvemento daquelas que favorezan a súa inclusión e participación plena.

Mediante actividades de carácter lúdico, de orientación á realidade, de animación á lectura, de emprego das TICS ou de estimulación sensorial, entre outras, aprendemos colectivamente a relacionarnos entre nós e co medio natural.


Próxima parada: Río Loña

Rastrexo


As estacións

Naturezario

De merenda
undefined
Descoberta

Mural
undefined
Camiño sensorial

A natureza e as persoas facémonos unha soa…

 

Pensada para…

… que a través da observación as crianzas recoñezan diferentes elementos da natureza presentes na escola no río.

… que, a partir da representación corporal, potencien o control do propio corpo, o equilibrio e o autocoñecemento.

… que a natureza sexa percibida como un escenario de xogo no que promova a autonomía e a creatividade.

Pasamos á acción…

Teremos que ollar ben ao noso arredor, xa que logo pasarán cousas moi chulas se observamos ata os pequenos detalles…

Ao redor do río, por pequenos grupos, desprazarémonos libremente observando o que a nos chama a atención, podendo ser desde a árbore máis grande ata o animaliño máis pequeño, preguntando todo o que queiramos sobre o entorno.

[youtube https://www.youtube.com/watch?v=NvVMxcGbfEU&w=560&h=315]

Despois de que a curiosidade nos faga mirar para todo, xuntarémonos os pequenos grupos nun gran círculo e as crianzas que queiran representarán mediante sons, movementos, sombras… O que máis lle chamou a atención ou todo o relacionado co que antes se foi observando.

Precisamos…

… Un espazo de bosque que permita a observación de varios elementos distintos.

… Un espazo que permita a observación de varios elementos distintos.

Gústannos os contos, contamos un…?

Pensada para…

…. que as nenas e nenos experimenten a partir de diferentes materiais da natureza, novas formas de  utilización de los mesmos.

… que os cativos/as discriminen as formas dos diferentes elementos (redondas, cadradas, rectangulares …).

… que as crianzas distingan os tamaños dos elementos elixidos (grandes, pequenos, medianos …).

… que os nenos/as experimenten novas formas de achegarse á literatura.

Pasamos á acción…

Nesta proposta de animación á lectura adaptaremos o  conto “Un segredo do bosque”    de Javier Sobrino e Elena Odriozola da editorial OQO para contar nun entorno natural, usando elementos que se poidan observar na ribeira do río. Tamén se poden adaptar outros moitos contos coma por exemplo, “A mellor sopa do mundo”,” Pilú, Pilú”,” Corre , corre cabaciña”,  etc.

Co conto baixo o brazo emprenderemos o camiño cara ó lugar escollido. Unha vez alí, nós (as educadoras) cos materiais previamente preparados (bugallo, estrume, piña, pedra, tronquiño, rama, flor) pedirémoslle ós nenos/as que se senten nun semicírculo no chan para que vexan ben o que acontecerá.

Elementos conto Un segredo do bosque

Como precisamos silencio e atención, promoveremos a creación do ambiente idóneo mediante o retrouso dunha canción de Pablo Díaz chamada “Imos contar un conto” do seu álbum Tictac.

“pois imos contar un conto, un conto moi especial, non sabemos de que trata máis pronto se saberá”

Unha vez conseguida a calma, o silencio e a atención do nos auditorio comezaremos a  contar o noso conto.  Para iso unha de nós sentarase enfronte dos nenos/as co libro aberto na man, de maneira que todos/as podan ver as ilustracións do mesmo. Simultaneamente outra educadora collerá os materias, e irá presentando ós protagonistas e representando a historia á vez que se fai a narración de maneira compartida ca outra educadora (narradora e personaxes):

  • o esquío será un bugallo
  • o raposo será un estrume
  • o moucho será una piña dun piñeiro
  • o lobo será una pedra
  • o oso será un tronquiño
  • o leirón será una rama
  • a pita será una flor

A medida que imos contando o conto, cada vez que unha personaxe entre en acción, interactuaremos co elemento correspondente e moverémolo de forma que capte a atención dos nenos/as.

Precisamos…

… Un espazo axeitado dentro do bosque, unha zona chá e con herba curta onde poder sentármonos

… O conto ou contos escollido/s

… Os materias necesarios para contar o noso conto que neste caso son: pedra, pau, flores, bugallo, estrume, piña e tronco, mais que dependendo do conto escollido poden variar.