Hilderita e Maximiliano

  • Autoría: Fernando Krahn
  • Ilustración: Fernando Krahn
  • Tradución: Xoan Couto
  • Editorial: Kalandraka
  • ISBN: 978-84-8464-230-5

Érase unha vez dúas xoaniñas:

Hilderita Vermella

E Maximiliano Amarelo…

Se procuramos un conto no que unha árbore actúa de testemuña na transformación dun animal estamos ante o álbum perfecto. Unha alegoría da vida, un canto de berce aos soños fuxidizos do tempo, un lenzo sobre a beleza do amor, contado por dúas xoaniñas que nos recordan a nós mesm@s. Que pensará unha crianza o sentir este conto?

As Aves

  • Ilustración: Calros Silvar
  • Editorial: A mesa pola normalización lingüística
  • ISBN: 978-84-608-3766-4

Anduriña / azulenta / bubela / carrizo / cegoña / chasco…

De quen é ese rechouchío? Como se chama ese paxaro co peito colorado? Cantas especies de paxaros eres capaz de identificar? Cantas especies de paxaros debe identificar unha educadora que camiña polo medio natural con crianzas…

Editado pola Mesa pola Normalización Lingüística permítenos coñecer diferentes especies de paxaros. Este álbum preséntanos diferentes especies oganizadas por orde alfabética con ilustracións realistas. Libro complementario para traballar c@s nen@s as saídas ao medio natural.