El árbol

  • Autor: Hervé Tullet
  • Ilustrador: Hervé Tullet
  • Editorial: Coco books
  • ISBN: 978-84-939-6217-3

 

Fantástico libro- xogo de Hervé Tullet que permite ver  en movemento, ao estilo dos mini-films, o ciclo de vida dunha árbore dende o seu nacemento ata que queda sen follas e todo volve a empezar.

Maxia nas mans para os/as máis pequenos/as.

A árbore da escola

  • Autoría: Antonio Sandoval
  • Ilustración: Emilio Urberuaga
  • Editorial: Kalandraka
  • ISBN: 978-84-8464-259-6

No patio da escola había unha árbore.

Só unha.

Un relato cargado de optimismo. Unha historia de amor entre as crianzas e a árbore da súa escola, no que a mestra muda os seus pensamentos pola obstinación d@s nen@s en acariñala. A secuencia de imaxes e texto déixanos con dúas ideas: o valor que ten o respecto pola natureza durante a infancia e a importancia que teñen os proxectos na metodoloxía escolar, construidos a partir das propostas d@s propi@s nen@s

Monterapia

  • Autoría: Juanjo Garbizu
  • Editorial: Destino
  • ISBN: 978-84-938-7027-0

Monterapia é algo máis que un libro sobre montañismo. Juanjo Arbizu, a través das súas experiencias personais, achéganos reflexións sobre distintos problemas da vida diaria ofrecéndenos unha visión da montaña e a natureza como contexto de aprendizaxe para enfrontalos mellor.

Educar en verde.

Ideas para acercar a niños y niñas a la naturaleza.

  • Autoría: Heike Freire
  • Editorial: Graó
  • ISBN: 978-84-9980-095-0

 

Manual de inspección básica de ríos

  • Autoría: ADEGA- Proxecto Ríos
  • Ilustración: Toni Llobet
  • Editorial: Gráfica Anduriña

Guía de inspección do estado do río elaborada por Adega como imprescindíbel material de apoio para participar no Proxecto ríos.

 

A árbore xenerosa

  • Autoría: Shel Silverstein
  • Tradución: Chema Heras
  • Editorial: Kalandraka
  • ISBN: 978-84-8464-962-5

 

Había unha vez unha árbore…

que quería moito a un neno (…)

Unha historia das que non deberían rematar nunca. O amor incondicional, a lealdade e xenerosidade infinita entre unha árbore e un neno son os valores que encontramos neste relato extraordinario. O trazo libre e a simplicidade do negro sobre o branco en cada imaxe convírteno en esencial para os andeis de calquera biblioteca.