As nubes contan historias

Pensada para

…que nenos e nenas experimenten novas formas de achegarse á literatura.

…que nenos e nenas exerciten as capacidades de atención e observación nun contexto de calma.

…que as crianzas den renda solta á súa imaxinación nun ambiente de respecto e afecto.

… que se establezan relacións de confianza, respecto, colaboración e afecto, entre nenas e nenos, á hora de realizar a actividade.

Pasamos á acción

Nesta ocasión tomaremos o álbum ilustrado “Pequena nube” de Eric Carle da editorial Kókinos como provocación para actividade que se desenvolverá a continuación.

photo_2019-06-23_08-54-58

 

No interior do bosque buscaremos un lugar lugar tranquilo, con poucos ruidos que podan interferir na escoita e cómodo para estar sentados no chan. Unha vez alí,  sentarémonos en semicírculo, prestando especial atención a que todos os nenos e nenas podan ver claramente as ilustracións do conto que vamos a escoitar. O ideal é unha sola fila de oíntes e non moi afastada da persoa que conta.

Unha vez conseguida a calma e a atención necesaria por parte do auditorio procederemos a contar o conto pondo especial coidado en que os pequenos e pequenas podan seguir a historia  a través das ilustracións e a nosa voz que dará soporte ao fantástico texto elexido.

Ao remate da narración do conto e despois de comentar todas aquelas cuestións, relacionadas co mesmo,  que desperten a curiosidade das crianzas proporemos o seguinte paso: observar as nubes. Para esto, o ideal sería poder facelo tumbados boca arriba, nun lugar despexado de ramas para que non dificulten a visión e a partir de aquí podemos explorar:

  • As formas nas nubes, como acontece no conto.
  • O número de nubes que vemos.
  • Se son grandes ou pequenas.
  • Inventar unha nova historia protagonizada por unha nube.
  • Respostar á curiosidade de nenos e nenas: como se forman as nubes, por que son de cores diferentes…

No caso de que o día elixido para a saída esté completamente despexado, podemos contar o mesmo conto e tratar de facer a sombra das nubes co noso propio corpo, abrindo así novas posibilidades de experimentación.

Precisamos…

… Un espazo axeitado dentro do bosque.

… Conto Pequena Nube de Eric Carle

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.