Pensada para
… que as crianzas vaian desenvolvendo a expresión plástica, usando os recursos que ofrece a natureza para transmitir ideas, sentimentos e emocións.
… que mediante a exploración e a experimentación, a través da vista e o tacto, as crianzas descubran e identifiquen diferentes cores, formas e texturas das follas do entorno do bosque.
… que se establezan relacións de confianza, repecto, colaboración e afecto, entre nenas e nenos, á hora de explorar a natureza.
Pasamos á acción
Previa á saída coas crianzas teremos localizada unha zona segura na que podamos identificar distintas especies de árbores para que as follas que se podan atopar no chan ofrezan unha variedade de cores, formas e texturas o máis rica posible.

Unha vez no bosque deixaremos un tempo para a exploración libre e autónoma dos nenas e nenos permitindo que recoñezan o espazo no que van a traballar. Feita esta labor de identificación, xuntarémonos todas e dividiremos ás crianzas en pequenos grupos. O seguinte paso será pedirlles que recollan follas, que podan atopar no chan, e que fagan con elas un montón. Observaremos e acompañaremos sen interferir na actividade.
Cando o montón de follas sexa suficientemente grande, e/ou os cativas e cativos comencen a amosar desinterese ou cansanzo, presentaremos as lupas como recurso para a exploración, propiciando que abran novas posibilidades.
Deixaremos que os intereses das crianzas afloren e animarémolos a experimentar: a qué ulen?, que textura teñen?, hai diferencias si se usan distintas partes do corpo para tocalas?, que cor teñen?…
Por último propoñerémoslle que realicen unha composición artística coas follas que teñan, na que transmitan sensacións, sentimentos, pensamentos, ideas… Aproveitaremos o momento para falar e compartir en gran grupo, e deixaremos as nosas obras de arte alí, agardando a que a natureza volva a facer o seu traballo e na próxima visita nos ofreza oportunidades diferentes.
Precisamos…
… Un espazo axeitado dentro do bosque.



