Excursión ao río Lonia. Cristina Freaza

05/10/2019

Hoxe fomos ao río Lonia a facer una visita polo seu entorno e ver como podería ser una escola alí a beira do río. Unha idea que a min en particular gústame moito porque eu de pequena fun a unha escola na cal nos levaban prácticamente todos os días a interactuar co medio natural ou a visitar distintos lugares con animais, prantas e distintas cousas da natureza. Para min é un dos mellores recordos do meu proceso académico, a idea de que uns nenos poidan desenvolverse no medio natural sen ningún tipo de prexuízos gústame moito.

O que fixemos nestas horas de visita foi mais que nada interactuar co medio natural, despois de que os profesores nos contaron distintas cousas moi interesantes como que o CIFP Portovello está involucrado no Proxecto Ríos onde apadriñan un tramo de río e eles mesmos dedicanse a coidar de que o ecosistema que o rodea estea limpo, coidado e que o seu tramo de río estea o mellor posible.

Celia, a profesora de xogo, propuxo facer unha actividade cun fonendoscopio que trouxo. A actividade foi a seguinte, catro persoas en distinto turno, ecollian un elemento do medio para ver se podían escoitar algo. A primeira en saír foi Lucía ela elexiu unha árbore e para a sorpresa de todos quedou emocionada porque ela sentiu como o “corazón” da arbore, despois Kevin decidiu escoitar un cogomelo e este dixo que el non sentiu nada para a sorpresa de todos.

O que podo sacar en conclusión desta actividade foi que realmente as emocións xogan un gran papel xa que se ti de verdade pensabas que podias escoitar algo vas acabar escoitando algo por un ruido moi lixeiro que sexa, foi un dos mellores momentos desta visitar experimentar todos xuntos as emocións que sentiron co fonendoscopio.

Despois de un rato fomos a buscar os nosos tesouros que poderiamos coller deste entorno, sin alteralo, porque ante todo hai que respetar este pequeño bosque que tiñabamos diante nosa. Varias fotos despois e xa cos nosos tesouros gardados fomos a outra parte do río onde Rebeca nos tiña preparada outra actividade.

Sentámonos todos nesa marabillosa beira do río e Rebeca comezou a presentarnos a súa actividade que foi un pequeño contacontos, tras mostrarnos varios libros decidiu que era hora de que ela mesma nos contara un. Comezou a cantar unha canción que acompañaba ao libro que nos estaba mostrando epouco a pouco fomos cantando con ela. Foi un momento moi acolledor e con certa maxia,estar naquel marabilloso entorno contando un conto.

Un dos mellores momentos para min nesta visita foi cando decidimos pasar uns minutos en pleno silencio, escoitando os ruidos que o medio proporcionaba. O que sentín nese momento foi sobre todo paz e, se me concentraba ben, escoitaba o ruido dos paxaros e a corrente do río, foi realmente relaxante. Nun momento tiven a sensación de estar na miña casa rodeada dese silencio e paz que a veces os meus amigos e eu íamos buscando para desconectar do resto das cousas. Son desas persoas que sabe valorar un silencio e é que en entornos tan marabillosos como eses moitas veces sobran as palabras.

IMG-20181006-WA0008

En resumo creo que todos tivemos boas sensacións, ao fin e ao cabo desconectar do ruído da cidade (que está a escasos metros) e independientemente dos distintos problemas que teñamos cada un ese momento foi moi gratificante, so había que vernos as caras que tiñamos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.